Granxas Lousada
HORTA E GANDERÍA ECOLÓXICA
Sergio Boado e Dolores Iglesias son dous emprendedores rurais. El ven da construción e ela do sector téxtil. Por mor da crise lanzáronse a un Proxecto de produción ecolóxica e de venda directa ao consumidor.
Non empezaron de cero, Dolores ven dunha familia que tiña unha explotación de vacas leiteiras e eles reconvertérona na actual granxa de produción ecolóxica.
Sergio, un carpinteiro reconvertido en granxeiro é o que se ocupa dos animais e da horta, mentres Dolores vai ao mercado de Betanzos 3 días por semana a vender a colleita recollida o día anterior.
O obxectivo fundamental en Granxas de Lousada é o respecto pola natureza e o bo trato dos animais.
Mostrando tódolos 3 resultados
Mostrando tódolos 3 resultados